As Pontes, 26 de xaneiro| A concellería de Benestar Social, a través do Centro de Información á Muller organizan, para o vindeiro xoves 2 de febreiro unha charla coloquio baixo o título A violencia invisible contra as mulleres e menores, impartida por Pilar Díaz Burgos, traballadora social e experta en igualdade do Centro de Recuperación Integral da Xunta de Galicia.

Comezará ás 20.00 horas no salón de actos da Casa Dopeso.