Deportes

  • RaidSpaindest

Copa do Mundo de Carreiras de Aventura en As Pontes

31/03/2017|Comentarios desactivados en Copa do Mundo de Carreiras de Aventura en As Pontes

  • clinic dest

I Clinic Lago de As Pontes

21/03/2017|Comentarios desactivados en I Clinic Lago de As Pontes

As Pontes vive o deporte con intensidade, tanto a nivel competitivo coma no deporte de base, e conta cunha variada oferta de clubes arraigados en disciplinas tan dispares como fútbol, ciclismo, piragüismo, rugby, fútbol sala ou baloncesto.

Eventos Anuais

North West Triman

Nace en 2014 nas Pontes como o primeiro triatlón Ironman de Galicia. Consta de 3 segmentos: 3,8km de natación, 180 km de ciclismo en estrada e 42,2 km de carreira a pé.

A competición está aberta para participantes de calquera nacionalidade, dispoñan ou non de licenza federativa de triatlón, e sexan maiores de idade. Hai unha categoría feminina, outra masculina e outra de clubes.

Máis información : http://northwesttriman.com/

Carreira pedrestre de San Xosé

Carreira organizada polo Concello xunto ao club de atletismo Olympo que celebra a súa primeira edición en 2014. Trátase dunha carreira In Real Time, Run with Ethiopia; que se celebra en categoría absoluta sobre unha distancia de 10.000 metros, de forma simultánea coas que se organizan en Etiopía e nas distintas zonas xeográficas de España. O percorrido é entorno ao parque da Fraga. A carreira ten unha finalidade solidaria e o diñeiro recadado dóase integramente a un proxecto de axuda social.

Trofeo Vila das Pontes:

Torneo de verán que anualmente se celebra nas instalacións do Poboado. Patrocinado polo Concello no que participan os equipos máis importantes de Ferrolterra, dispútase en formato triangular con partidos de 45 min.

Outros eventos anuais:

Ó longo do ano existen outros eventos de carácter anual organizados por diversas entidades locais:

  • ATLETISMO: Carreira San Silvestre, celébrase na tarde do día 31, organizada polo clube de atletismo Olympo.
  • TRAIL MONTAÑA: Travesía das Fragas do Alto Eume, celébrase o primeiro domingo de xullo, e consiste nunha travesía polas Fragas da Ribeira e Lostegal, correndo, camiñando e incluso parte do recorrido en canoa, con dous recorridos de 19Km o de 29 Km. Organizada polo Clube de Montaña O Caxado.
  • TRAIL. Trail de As Pontes. 29 km correndo polos montes de As Pontes. Celébrase no mes de Agosto.
  • CICLISMO: Desafío Fragas do Eume. Celébrase no mes de Xuño, son 120 km con prácticamente 2.500 metros de desnivel acumulado.
  • KÁRATE: Trofeo As Pontes de Kárate
  • FÚTBOL SALA: Torneo de Navidad Liga Local
  • FÚTBOL SALA: Maratón de verano.
  • BALONCESTO: Torneo 3×3 de verano.
  • PÁDEL. A lo largo del verano se celebran distintos torneos.
  • AXEDREZ. Torneo As Pontes de Axedrez.

Instalacións Deportivas

Reservar
App Android
App iPhone

O Poboado:

Campos de xogo do primeiro equipo do CD As Pontes, que actualmente milita en Terceira División.
Teléfono: 981 451 859
www.cdaspontes.com

Campos da Faeira e Saa

Campos de fútbol na Faeira e Saa para a práctica do fútbol afeccionado e, en ocasións, actos como as festas parroquiais.

Campo de rugby

Campo de xogo do equipo local de rugby, o Club Rugby Fendetestas.

Canle IV

Teléfono: 629 584 523

www.fendetestestasrugby.com

Pavillón Municipal A Fraga

As instalacións contan con pista polideportiva, ximnasio e sauna.
De luns a venres, de 10h a 14h e de 16h a 0h. Fins de semana, só competicións.

Avenida da Habana, s/n.
Teléfono: 981 452 602

Pistas polideportivas

Tanto as parroquias coma o ámbito urbano do municipio contan con instalacións deportivas.

Piscina Municipal

No inverno abre a diario, de 8h a 12.30h e de 16h a 23h; sábados, de 10h a 14h e de 16 h a 19.30h; en verán, de luns a venres de 8h a 13h e de 17h a 22h; sábados de 10h a 14h.

Sergio Rivera Chao s/n
Teléfono: 981 440 643

Piscina do Poboado

Instalacións ao aire libre abertas soamente en verán, cun vaso de 25 metros e outro para nenos.

Poboado das Veigas s/n
Teléfono: 981 452 004

Grupo Xuvenil

Instalacións para a práctica de piragüismo e kaiak polo.

Pantano da Ribeira
Teléfono: 620 965 371

Campo de tiro CON ARCO

Instalacións para a práctica de tiro con arco xestionadas por Club Silex.

Poboado das Veigas s/n

Campo de tiro

Instalacións para a práctica de tiro ao prato e tiro de precisión, que xestiona o club Pena da Revolta.
Crta. Pena da Revolta s/n
Teléfono: 981 445 963
www.penadarevolta.com

Club Cabaleiros do Eume

Instalacións para a práctica de diferentes modalidades hípicas.

Celso Emilio Ferreiro, 14
Teléfono: 981 440 217

Pistas de tenis e pádel

Instalacións para a práctica do tenis e o pádel.

Canle IV

Parques biosaludables

Instalacións para a práctica de exercicio físico a disposición de todos os veciños, e, en diante, en todos os barrios.

Parque Municipal, Barreiro e Ribadeume

Escolas Municipais

O Concello das Pontes ten como obxectivo principal fomentar a práctica de distintos deportes entre todos os ponteses. Estas escolas están creadas para todas aquelas persoas que se axusten ás idades para as distintas modalidades e para servir de complemento á súa actividade física.

Están dirixidas a todas as persoas empadroadas no Concello de As Pontes e que cumpran cos requisitos de idade de cada modalidade ofertada, sempre e cando haxa prazas e por rigorosa orde de inscrición.

Actualmente teñen actividade:

  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Kayak Polo
  • Patinaxe
  • Psicomotrocidade
  • Taekwondo
  • Tenis
  • Tiro con Arco
  • Xadrez
  • Ximnasia Rítmica
  • Vela
  • Aerobic
  • Mantemento Físico
  • Pilates

Para máis información chamar ó teléfono: 981 452 602

Ordenanzas e Regulamentos

Ordenanzas Fiscais

Ordenanzas Fiscais

Saber máis…

Ordenanzas Reguladoras

Ordenanzas Reguladoras

Saber máis…

Subvencións

Subvencións

Saber máis…