As Pontes, 27 de abril|O próximo 28 de abril o Concello das Pontes súmase a chamada da celebración do “día Internacional da danza “ e para iso propón unha xornada con dúas actividades no auditorio municipal cine Alovi.

A primeira ás 18.30h proxección da película Ballerina (animación – TP – 90mint – prezo 3€), película de animación que conta a historia e a paixón pola danza dunha rapaza que soña con ser bailarina profesional; para conseguilo e axudada por un amigo co que vivirá grandes aventuras.

A segunda ás 21.00h coa lectura do manifesto do día da danza, que dará paso á presentación do Videoclip (entrada de balde ata completar aforo) realizado coa gravación do último espectáculo da escola na que se fixo unha homenaxe ao coreógrafo Bob Fosse. Neste espectáculo participaron 230 [email protected] de entre 6 a 60 anos que puxeron en escena pezas coreografiadas por Bob Fosse e que formaron parte de producións cinematográficas tan coñecidas como Cabaret, Sweet Charity, All that jazz etc…

A dirección da escola e do espectáculo fixo desta representaición un proxecto multidisciplinar no que participaron ademais dos alumnos e profesorado da escola ,unha profesora que impartiu clases de teatro musical e cabaret e no que tamén contou coa participación dun bailarín coñecedor do particular estilo Fosse. Por outro lado o apoio e a colaboración do grupo de teatro O Catre foron fundamentais para poder levar a cabo este proxecto.

No vídeoclip poderán ver a presenza de Bob Fosse como figura do mundo da danza, tanto no coidado deseño de luces como nos números grupais que fan un percorrido pola biografía e a carteleira cinematográfica deste grande director e coreógrafo.

 

 

 

 

Dia-Internacional-da-Danza