[email protected] ao espazo virtual de Emprego As Pontes. Dende aquí poderedes acceder á información máis relevante desta área municipal e coñecer de preto as novidades relacionadas coas distintas políticas activas de emprego.  As Pontes é un referente na constante mellora da empregabilidade, utilizando tódalas ferramentas ao noso alcance para procurar o benestar dos nosos [email protected], a través de programas de trascendental importancia como Obradoiros de Emprego, Programas Integrados para o Emprego, FORMIC, entre outros, que xeran un valor engadido á mellora da competitivade profesional, e fan dos nosos xóvenes a man de obra cualificada que as empresas necesitan e que solicitan a través da bolsa de emprego.

Dende o Concello de As Pontes ponse a disposición dos ponteses un equipo técnico e cualificado para informar e asesorar a todo o interesado en temas sobre a inserción no mundo laboral: elaborar un CV profesional, facer fronte a unha entrevista de traballo, asesorar sobre os perfís máis demandados na vila, e todos aqueles aspectos que teñan que ver con este ámbito.

Motivamos e axudamos activamente na busca de emprego, adestrando os usuarios para mellorar a súa empregabilidade.

Facemos fincapé nun dos aspectos principais nesta difícil tarefa: a motivación, como motor xerador de autoestima e de concienciación de que o control da vida depende dun mesmo.

Como tema prioritario neste área, ao longo de todo o ano, se organizan diferentes cursos e obradoiros formativos para as persoas desempregadas. Temos a certeza de que a formación é unha gran ferramenta para mellorar a empregabilidade no eido local. Deste modo poñemos a disposición dos usuarios este tipo de accións formativas para ampliar ou reciclar coñecementos relacionados coas actividades máis demandadas no mercado laboral e polo sector empresarial pontés.

A área de emprego municipal dispón dunha bolsa de emprego pública da que poden formar parte todas as persoas interesadas que sexan desempregadas ou demandantes de mellora de emprego. Para formar parte desta bolsa, as persoas interesadas deben acudir ao departamento de emprego acompañados do seu CV actualizado e, cunha fotografía recente. En caso de non dispoñer dun, deberá entregar o documento de vida laboral recente, co que se confeccionará o seu currículo vitae para entregar o usuario. Descarga el formulario[+pdf]

Dende o seguinte formulario pode realizar a súa solicitude para a Bolsa de Emprego Local e, tras estudar a oferta, remitirémoslle aqueles currículos que mellor se adapten á súa demanda.

Envíanos a tua oferta de emprego. Para unha información máis detallada teléfono 634.79.07.64

Formación e Cursos

  • ProcTextoDest

Curso gratuito de procesadores de texto na Aula CeMIT

As Pontes, 16 de maio| Aprende a crear os teus propios documentos co curso gratuito de “procesadores de texto” que se levará a cabo na Aula CeMIT de As Pontes dende o día 23 de […]

  • cursosDEST

Uso de tablets para mayores y creación de páginas con WordPress en la primera quincena de mayo

As Pontes, 24 de abril| Comenzamos el mes con la actividad “Aprende a usar la tablet para mayores”
Aprende a usar la tablet para mayores

El objetivo de este curso es aprender la configuración y uso de […]

  • Formacion

Clausura de los cursos para emprendedores: Desarrolla tu modelo de negocio

As Pontes, 17 de abril| Acto de clausura de los dos cursos de formación para emprendedores: Desarrolla tu modelo de negocio. Este curso, en el que participaron 20 alumnos, tuvo lugar los jueves y los […]

  • blog-dest

Creación de Blogs e Google Apps na segunda quincena de abril

As Pontes, 6 de abril|Na segunda quincena de abril comezarán dous novos cursos na aula:

Google Apps

O día 18, ata o 27 de abril, en horario de mañá (de 10:00 a 12:00h de luns a xoves) […]

Promoción Económica e Emprego

Loading...

  • Visítanos

Noticias Destacadas

  • LogoNews

El Concello de As Pontes acuerda la supresión del impuesto municipal de Plusvalía

As Pontes, 03 de Mayo de 2017.-

El pleno de As Pontes dio hoy luz verde a la derogación de la ordenanza municipal reguladora del Impuesto sobre el incremento de valor de los terrenos de naturaleza […]

  • cartel_libro_mulleres-destacados

Publicadas las bases de la convocatoria “AS PONTES, NUESTRAS MUJERES 2017”

As Pontes, 31 de marzo| Publicadas las BASES DE LA CONVOCATORIA “AS PONTES, NUESTRAS MUJERES 2017”. La finalidad de esta convocatoria es destacar y reconocer pública y socialmente la actuación de mujeres que, por su […]

Orientación Laboral

O contido dunha carta de presentación debe ir dirixido a explicar o porqué o candidato reúne os requisitos do posto, destacando e dirixindo a atención do seleccionador ás habilidades, capacidades e coñecementos que o candidato demostra, con exemplos concretos baseados na súa experiencia anterior ou na súa experiencia non laboral.

As partes que deben conformar a carta de presentación, son:

⁃ Saúdo: a carta debe ir dirixida á persoa coa que interesa contactar. Contacta coa empresa có fin de aclarar quen é a persoa a quen debes dirixila.
⁃ Introdución: Preséntate e explica por que che interesa a empresa á que escribes, o sector e o posto en particular. Se coñeces a empresa, menciona proxectos que estean realizando. Se estás respondendo a un anuncio, debes mencionalo neste apartado.
⁃ Corpo: Esta é a parte que debes aproveitar para “venderte” ben. Expresa claramente o que tes para ofrecerlles e por que necesitan contratarte (habilidades, capacidades, etc)
⁃ Peche: Ao final da carta solicita unha entrevista. Propón que contactarás coa empresa para solicitar cita para a entrevista ou reunión. Por último, despídete cumprindo os estándares, pero cercano, seguido da túa sinatura.

O obxectivo da entrevista de traballo non é outro que demostrar que os coñecementos, experiencia e aptitudes do entrevistado encaixan co perfil que o seleccionador demanda. Por elo, é bo ofrecer respostas claras, directas e sinceras.

Recomendacións para unha entrevista de traballo:

⁃Coñecer os meus puntos fortes e débiles: debemos coñecer as nosas principais cualidades e razonalas con feitos.
⁃Información sobre a empresa: ¿de que tipo de empresa se trata? ¿cales son as súas liñas de negocio? ¿que estrutura ten? ¿ten proxectos de expansión? ¿a canta xente emprega? ¿que valores transmiten?…
⁃ Información sobre o posto: ¿que posto se trata de cubrir? ¿cales serán as principais funcións? ¿que características persoais hai que posuír para desempeñar o traballo?…
⁃Habilidades de comunicación: Debemos utilizar un vocabulario axeitado ao noso entrevistador (non sempre coñece os termos técnicos da nosa profesión). Expresarnos de maneira estruturada, contestando a aquelo que se nos pregunta.

NUNCA DIGAS
Fáltame experiencia/só teño estudos/fáltamep práctica…
Non acabei os estudos/só fixen/non teño diplomas…
Son moi xoven/son inexperto…
Son demasiado maior…
Despedíronme…
Peleeime co meu xefe/compañeiros…
Nese tempo non fixen nada…
É difícil coller a unha muller…
Os nenos quítanme moito tempo…

DI MELLOR…
Interésame este posto/teño unha preparación/teño unha boa base…
Aprendín da práctica/teño as aptitudes necesarias/teño experiencia…
Teño ganas/sóbrame ilusión…
Teño a madurez necesaria…
O meu contrato finalizou…
Tiñamos puntos de vista algo diferentes…
Aproveitei para prepararme…
Coller unha muller é unha garantía…
Hai quen se ocupe deles…

Son entidades que facilitan a conexión entre os demandantes e os oferentes de emprego. Encárganse de recopilar información sobre o perfil dos demandantes que acoden a eles, para así poder xestionar as ofertas de emprego que lles chegan de forma eficaz.
Se estás buscando emprego deberás contactar co maior número posible de intermediarios. Cando entres en contacto con eles, debes informarte sobre os perfís profesionais para os que soen recibir maior número de ofertas de emprego.

Os principais intermediadores do mercado de traballo son:

⁃ Entidades públicas:
• Servizo Público de Emprego
• Centros de información e orientación para o emprego

⁃ Entidades privadas:
• Axencias de colocación
• Bolsas de emprego
• Empresas de traballo temporal
• Consultoras de recursos humáns
• Empresas de subcontratación
• Medios de comunicación
• Internet

A principal finalidade do currículo é a de conseguir unha entrevista de traballo. Cando o examinador o lea deberá sentir a necesidade de entrevistarnos. Este será o primeiro paso a seguir no proceso para conseguir un posto de traballo.

MODELOS DE CURRÍCULO
⁃Cronolóxico:
Neste tipo de currículo os datos referentes a formación e experiencia laboral, e todos aqueles susceptibles de orde cronolóxica, amósanse por orde de realización. As primeiras experiencias serán aquelas que vaian situadas en primeiro lugar.
Hoxe en día estes currículos non son os máis comúns.
Tanto esta modalidade de currículo como a seguinte poden non ser as máis axeitadas para aquelas persoas que posúen longos períodos de inactividade “inxustificable”, pois fan máis evidentes esas lagoas. Neste caso quizais sexa mellor optar pola modalidade funcional.
⁃Cronolóxico inverso (Currículo Europeo):
Como o seu propio nome indica, son como os cronolóxicos pero en orde inversa. As últimas experiencias serán agora as que aparezan en primeiro lugar. Así, o traballo actual será o primeiro.
Esta modalidade é probablemente (pois as fórmulas máxicas non existen, sempre dependerá de quen sexa a persoa que estea vendo o currículo) a opción máis axeitada se nos decidimos polo currículo cronolóxico, pois normalmente os seleccionadores prestan máis atención a aqueles datos/experiencias máis recentes.
⁃Funcional:
Os datos aparecen agrupados por seccións profesionais ou de actividade. Se posuímos experiencia en varios ámbitos poderemos plasmalas creando “seccións” para cada un deles. Dentro destas “seccións” poderemos especificar as experiencias concretas no tipo de orde cronolóxica que decidamos.
Esta modalidade de currículo é a máis recomendable cando posuímos experiencias en varios ámbitos e consideramos que todas son relevantes para o posto. En caso contrario, é máis adecuado indicar unicamente aquelas experiencias profesionais e extraprofesionais, cursos e formación que podan aportar algo á nosa candidatura.

Descarga el formulario[+pdf]

Empleo Público

Bases específicas que rigen el funcionamiento de una lista de espera para el nombramiento como funcionario/a interino/la de técnicos en turismo

ANUNCIO

En el BOP número 94 de 22/05/2017 fueron publicadas las siguientes bases. El plazo de presentación de instancias abarca el período de 23/05/2017 a 01/06/2017 (inclusive).

“BASES ESPECÍFICAS  QUE RIGEN El FUNCIONAMIENTO DE UNA LISTA DE […]

Bases que rigen el nombramiento como funcionarios interinos del personal de las brigadas del servicio de extinción de incendios

ANUNCIO

En el BOP número 94, de 22 de mayo de 2017 fueron publicadas las siguientes bases. El plazo de presentación de instancias abarca de 23/05/2017 a 01/06/2017 (inclusive).

“BASES QUE RIGEN El NOMBRAMIENTO COMO FUNCIONARIOS INTERINOS […]

Bases que regirán la contratación de un limpiador/la y la determinación de una lista de espera correspondiente la esta categoría profesional

El objeto de la presente convocatoria es la contratación como personal laboral para la cobertura por vacante de plaza de limpiador/a en el vigente plantel y la determinación de una lista de espera al objeto […]

Auxiliares Policía Local

ANUNCIO

En el Boletín Oficial de la Provincia de fecha 17/04/2017 se publican las bases de referencia. El plazo de presentación de instancias es el siguiente: 18 a 24 de abril de 2017, ambos dias inclusive.

“BASES […]

Lista de espera para conserje de edificios municipales

RESULTADO DEL SORTEO PARA DIRIMIR LOS EMPATES ENTRE LOS ASPIRANTES APROBADOS Y DETERMINACIÓN DE LA LISTA PARA LA COBERTURA DE LA PLAZA DE CONSERJE DE EDIFICIOS MUNICIPALES.

Ver listado definitivo: VER RESULTADO

 

 

ANUNCIO: CELEBRACIÓN DE SORTEO PARA […]

Ordenanzas e Regulamentos

Ordenanzas Fiscais

Ordenanzas Fiscais

Saber máis…

Ordenanzas Reguladoras

Ordenanzas Reguladoras

Saber máis…

Subvencións

Subvencións

Saber máis…