• Máis vida para o teu tempo

    Benvidos ao Concello das Pontes

O aproveitamento turístico tanto dos espazos naturais, como o lago, un dos iconos da localidade que é considerado como o lago artificial máis grande de España, como das rutas industriais dos que dispón o Concello de As Pontes, fai que unha das súas liñas estratéxicas de desenvolvemento sexa facer a marca As Pontes como un destino de ocio e desfrute tanto para os ponteses como para os turistas que cada ano achéganse ao municipio.

Ó longo do ano existen moitos eventos deportivos e culturais dos que gozan os residentes e que atraen a milleiros de persoas de todo o país, un dos máis destacados é o North West Triman, que naceu en 2014 como o primeiro tríatlon Iroman de Galicia. Ou as festas patronais, Festas do Carme e a Fraga, que se celebran a finais de xullo. As Pontes é o único municipio interior de Galicia que honra coas súas festas á Virxe do Carme. Durante varios días sucédense os pasacalles, verbenas, actos culturais como o parque activo e deportivos que enchen de rebumbio as rúas do lugar.

Outros eventos que fan de As Pontes un destino turístico, cultural e cheo de deporte:

Cultura

Feira do Grelo
Feira de Fungos e Cogumelos
Feira do Queixo e da mel

Deporte

Carreira San Xosé
Trofeo Vila de As Pontes
Samurai Xtreme Race

Sorteo

Se este fóra o teu día en As Pontes… a que o dedicarías? Participa no sorteo subindo vídeos e fotos ao teu instagram gozando dalgunha actividade lúdica, cultural ou deportiva no municipio pontés, mencionando ao @ concelloaspontes e co hashtag #maisvidaparaoteutempo. Moita sorte!

Duración

Pódese participar desde o 16 de maio de 2019 ata o 23 de maio de 2019.

Premio

Consiste nunha cesta de productos ponteses: mantecadas, polvoróns, queixo do Eume e mel de Goente.

Participación

Cada usuario pode participar un número ilimitado de veces. O perfil de Instagram ten que ser público para poder participar.

Gañador

Será comunicado o 24 de maio de 2019 ao longo do día no instagram oficial do Concello @concelloaspontes.

Vídeos

Se este fóra o teu día…

#maisvidaparaoteutempo

Boletín de Noticias

Compártenos nas túas redes favoritas

Eventos

Mapa

© 2017 - Concello das Pontes | Aviso Legal | Política de Privacidad | Creado por Olivomedia