Maiores

  • LogoNews

Minuto de silencio contra a violencia de xénero

23/02/2017|Comentarios desactivados en Minuto de silencio contra a violencia de xénero

  • Charlaptata

Éxito de participación na charla informativa sobre a praga da pataca

22/02/2017|Comentarios desactivados en Éxito de participación na charla informativa sobre a praga da pataca

  • LogoNews

O goberno das Pontes insta á Xunta a manter o ciclo de Bacharelato no IES Castro da Uz

22/02/2017|Comentarios desactivados en O goberno das Pontes insta á Xunta a manter o ciclo de Bacharelato no IES Castro da Uz

Información

Servizos Sociais para a Terceira Edade

Información

Programas Sociais

Teleasistencia domiciliaria

Servizo de atención telefónica ininterrompida.
Este servizo permite ao usuario, ante calquera situación de emerxencia, con tan só apertar un botón, comunicarse cunha central. Alí será atendido por persoal especializado e darán resposta á situación de crise.
Dirixido a persoas maiores e persoas con minusvalidez.

Envellecemento Activo

O programa pretende contribuír a ampliar a esperanza de vida activa e saudable dos maiores, mantendo a autonomía e a independencia, e promovendo a súa participación e presenza na sociedade.

Algunhas das actividades desenvolvidas son:

  • Risoterapia
  • Relaxación
  • Memoria

Residencias de Maiores

Centro de Día Aspanaes

Centro de educación especial e residencial, con centro de día. A entidade dispón de 27 prazas de centro de día e 23 prazas residenciais.

Areosa s/n, Poboado das Veigas

Teléfono: 981 450 543

Fogar do Xubilado

Conta con salas de traballo e de exposicións, ademais de ximnasio, cafetaría, restaurante e salóns. Habitualmente organiza actividades diversas dirixidas á terceira idade.

Avenida Ferrol, 23

Teléfono: 981 440 062

Residencia A Magdalena

O centro xeriátrico A Magdalena está situado no Poboado de Barreiro e ofrece asistencia para persoas con invalidez parcial ou total. Conta con 59 prazas de residencia.

Avenida Vilalba, s/n

Teléfono: 981 450 082