Infancia e Xuventude

Asesoramento pedagóxico  e atención especializada a poboación infantil e xuvenil e ás súas familias dentro do Concello das Pontes

Compensar ás carencias que por mor dunha discapacidade, enfermidade ou situación familiar poidan presentar os nenos e nenas ponteses de educación infantil.
Atender problemas e situacións que afectan o desenrolo persoal, escolar ou familiar dos nenos e nenas: dificultades escolares, problemas de atención, enurese, encoprese, celotipia, medos, problemas da linguaxe, situacións familiares problemáticas (divorcios), maltrato familiar e en xeral calquer aspecto que sexa importante na vida dun neno ou nena.
Os/as nenos e nenas de 12 a 18 anos teñen unhas problemáticas específicas que deben ser tidas en conta a hora de traballar. O motivo de consulta é moi variado: problemas escolares, familiares, problemas de conducta, acoso escolar, trastornos alimentarios, consumo de sustancias, abandono escolar, maltrato familiar…
Dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais permanentes, co fin de que desenrole actitudes positivas cara ao traballo escolar traballando habilidades básicas de razoamento, comprensión lectora, vocabulario e expresión escrita.
Trátase de acoller e apoiar ao alumnado estranxeiro e as súas familias facilitándolles información e acompañamento e o acceso ós recursos educativos que faciliten a súa integración escolar e social.
Sobre recursos de diferentes ámbitos: educativos, sanitarios, de ocio e tempo libre, formativos, prevención do abandono e ou absentismo escolar, información sobre ciclos formativos e modalidades de bacharelato, cursos de formación profesional, apoio na procura do primeiro traballo.
Consiste nunha axuda para sufragar os gastos de material escolar para aquelas familias das pontes con máis problemas económicos.
Axuda económica para a atención de menores de 3 anos en centros de primeira infancia non sostidos con fondos públicos.
Este programa ponse en marcha co fin de conciliar a vida laboral e familiar dos veciños das pontes.
O noso obxectivo é asesorar e informar á xuventude pontesa sobre o seu futuro académico ou profesional, así como qué tipo de axudas existen para logralo.